Despacho Torres Díaz e Cia S. L. P. • +34 981 12 10 86 • despacho@abogadostorresdiaz.com
  • es
  • gl

Despacho

Despacho Torres Diaz y Cia S. L. P.

Avogados na Coruña

Despacho Torres Díaz, establecido no 1967, é un acreditado despacho multidisciplinar de avogados que conta cunha consolidada traxectoria dentro do mundo xurídico galego e, á vez, unha das primeiras firmas españolas de avogados que adopta, xa no 1986- a forma societaria, para integrar un equipo de profesionais do dereito, expertos nas distintas ramas xurídicas, que ofrece hoxe –coa colaboración de especialistas do ámbito fiscal, financeiro e empresarial- un completo servizo de asesoramento e defensa, tanto para a empresa como para calquera interese ou problema particular.

A estrutura do DESPACHO TORRES DIAZ Y CIA S. L. P. e a nosa forma de traballo en equipo, permítenos ofrecer un completo, estable e contrastado asesoramento xurídico en todas as áreas do Dereito e unha intervención especializada en todo tipo de procedementos xudiciais e administrativos; ao tempo que, propiciamos a utilización de métodos extraxudiciais na resolución de conflitos. Todo isto desde o enraizado convencemento de que o interese dos nosos clientes –único obxectivo da nosa actuación profesional- só pode satisfacerse tras unha análise exhaustiva e personalizada de cada caso e sempre sobre a base do estudo e coñecemento en profundidade do Dereito aplicable.

Os profesionais integrantes do Despacho estamos ao servizo dos nosos clientes, somos partidarios do asesoramento preventivo e temos a arraigada e firme convicción de que a busca da excelencia no noso traballo constitúe unha esixencia ética que define e enmarca a verdadeira misión corporativa do noso grupo.

O noso obxectivo é a excelencia profesional e o servizo ao cliente baseado no compromiso e a calidade.